
A xuntanza, enmarcada no ciclo Charlas de ciencias, servirá para debater sobre as oportunidades e riscos das ditas redes e reúne a investigadores e estudantes de Bacharelato e ESO. A sesión, que se está a desenvolver ao longo da mañá, celébrase co epígrafe Internet ao máximo rendemento: unha inmersión nos servizos que ofrece a Rede. Na charla participan Lilian Adkinson e Andrés Estévez, investigadores de Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, que están a ofrecer un exame pormenorizado sobre o que se atopa detrás da maxia de Internet, en ocasións un marcado interese por acaparar a atención e o tempo de lecer de milleiros e milleiros de persoas.
Amais desta análise sobre as vantaxes e ricos da nova Rede, proporán unha guía básica sobre o bo uso da Internet a un grupo de alumnos dos institutos Chan do Monte de Marín e Santa Irene de Vigo. Como dixemos, este foro insírese nun programa máis completo de catro charlas, a desenvolver entre abril e xuño, dúas en Vigo (a primeira xa foi o 27 de abril) e dúas na Coruña, das que informaremos os días vindeiros. Charlas de Ciencias é un ciclo de encontros de orientación didáctica e complementaria co currículo escolar dos centros, que se celebran quincenalmente durante o período lectivo e que teñen lugar nas sedes da Fundación Barrié en Vigo e na Coruña.
Os riscos e vantaxes das redes sociais, a debate hoxe na Fundación Barrié de Vigo
Compartir Este Artigo
