
Este mediático personaxe, exemplo de optimismo e ilusión, fíxose famoso na Rede a raíz do seu paso polo latenight Buenafuente, onde cativou aos telespectadores coas súas doutrinas sobre intelixencia emocional.
Agora, da man do CPEIG, virá a Compostela como convidado estelar da primeira das sesións, onde, na sede da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), demostrará os seus coñecementos sobre desenvolvemento emocional.
Duró dedica parte do seu tempo ao estudo da aprendizaxe en idades temperás, e no seu relatorio demostrará “que os fracasos profesionais raramente se deben a causas técnicas e si, en cambio, ao desenvolvemento emocional”.
Porén este ciclo de charlas, terá unha segunda e terceira xornadas, que se desenvolverán os días 10 e 18 de xuño, da man de Enrique Dans e Luis Huete, respectivamente.
Dans, profesor de Sistemas de Información en IE Business School e doctor en management, centra as súas investigacións nos efectos que teñen as novas tecnoloxías en persoas e empresas, polo que o seu relatorio versará sobre os datos recadados neste eido.
Pola súa parte, Luis Huete, o convidado do día 18 de xuño, é licenciado en dereito e profesor de IESE Business School; o seu relatorio versará sobre técnicas de management e claves para desenvolver negocios de prestixio.
Este ciclo de charlas, programado en colaboración coa Xunta de Galicia, está dirixido, segundo informan dende o CPEIG, “a complementar os coñecementos técnicos dos/as executivos/as de empresas e de todas aquelas persoas que participan en organizacións coa finalidade de mellorar a súa calidade de vida mediante a potenciación das aptitudes fundamentais, a través da consideración do capital humano como recurso na procura de vantaxes competitivas”.
A inscrición para asistir a estas sesións debe formalizarse a través da páxina web oficial do CPEIG.
O CPEIG organiza un ciclo de charlas sobre tecnoloxía, liderado e intelixencia emocional
Compartir Este Artigo

