Malia aos esforzos feitos polas Administracións públicas para levar Internet de banda larga a tódolos recunchos do país, este servizo segue a estar lonxe do que é noutros países con PIB similar ao español, onde xa ten calidade de “servizo básico” ao igual que a auga, a electricidade ou o gas.
E non é para menos, posto que a Rede de alta velocidade podémola considerar “esencial” para a inclusión social, a educación, e os avances no entorno empresarial, que non serían o que son hoxe sen unha conexión de calidade.
Porén, malia ao despegue das redes terrestres de banda larga en toda Europa, aínda son moitos os países que se enfrontan ao reto de acadar unha sociedade dixital igualitaria nos seus lindes, e rachar coa fenda dixital que separa, por exemplo, as zonas rurais das urbanas, para sempre.
En Europa estímase que aínda hai 30 millóns de fogares sen conexión á Rede (ou cun acceso limitado), unha cifra que en España sitúase nos 1.420.000.
Máis polo miúdo, aquí hai 690.000 familias que non teñen posibilidade de acceso á banda larga e 730.000, segundo engade o xornal dixital Cibersur.com, “só poden facelo a velocidades inferiores a 2 MB por segundo”.
Neste contexto, tal e como anunciamos en Código Cero en días pasados, o Consello de Ministros aprobou a inclusión da banda ancha no servizo universal de telecomunicacións, coa finalidade, entre outras cousas, de garantir que toda a cidadanía poida acceder a Internet como mínimo a un megabit por segundo de velocidade.
Isto será posible a partir de xaneiro de 2012, logo de ter feitos os investimentos en infraestruturas de alta velocidade necesarios nas zonas con menos densidade de poboación, onde probablemente chegará Internet a través do satélite.
Preto de millón e medio de fogares en España, en risco de situación de exclusión dixital
Compartir Este Artigo

