Por un módico prezo de 10 euros, e moitas ganas de facer amigos e pasalo ben, os amantes das novas tecnoloxías e seareiros das partys informáticas aínda están a tempo de adquirir a súa entrada para asistir á Scul Party 2011, que organiza a Universidade de Vigo entre hoxe e o vindeiro domingo.
A organización desta festa informática anual, a Delegación de Alumnos da Escola Superior de Enxeñaría Informática, asegura que esta “vai ser a súa décima e mellor edición”, acondicionada xa polo de pronto, para dar acollida a 150 persoas cos seus ordenadores.
Ás 10:00 horas desta mesma mañá, o recinto abría as súas portas, quedando por diante unhas 72 horas nas que non faltarán unha boa conexión á Rede, moitos participantes cos que intercambiar contidos, e algo excepcional para unha festa destas características: moito deporte.
Silvia Carrera, representante da entidade organizadora, salientou para o Xornal da Universidade, o DUVI, que esta “será unha reunión de xente con intereses común”, os cales poderán compartir moitas actividades, tanto na vida real como virtual. Actividades tales como torneos de videoxogos, concretamente do xogo League of Legends ou Overclocking para Wii; concursos de dobraxe, lanzamento de CD, de fotografía ou de deportes como o ping-pong, entre outros.
Dá comezo a décima edición da Scul Party
Compartir Este Artigo

