O éxito dos xogos sociais nos últimos anos, especialmente en Facebook, levou a Electronic Arts a estrear unha nova veciñanza para os Sims, de xeito que este verán estrearase The Sims Social, unha adaptación dos clásicos e populares Sims que agora pode xogarse practicamente en calquera momento e lugar, permitindo a personalización dos personaxes, a configuración de pisos e casas, o establecemento de relacións persoais… todo aderezado co atractivo de poder compartir a experiencia cos amigos en Facebook.
O xogo xa conta cunha páxina en Facebook para que os interesados en gozar deste título poidan ter cumprida información sobre o mesmo de cara ao seu lanzamento oficial e para poder ser os primeiros en sumarse ao que podería ser o novo éxito nos xogos sociais (podendo chegar a rivalizar con City Ville). Para que poidamos facernos unha idea das posibilidades de The Sims Social, EA vén de publicar un trailer en español do xogo:
Os Sims estrearanse en Facebook no verán
Compartir Este Artigo

