Rocksteady Studios continúa a dar información con contagotas de Batman: Arkham City, e tras confirmarse que Catwoman será un personaxe xogable, publican imaxes nas que podemos ver que Riddler e o Pingüín serán dos malvados que aparecerán no xogo, podemos ver o deseño da portada deste título que sairá á venda o 18 de outubro e incluso sabemos que vai estar dispoñible no xogo un contido descargable chamado Tim Drake Robin Pack, que permitirá manexar á terceira encarnación de Robin como personaxe durante unha serie de retos para os mapas que inclúe este mesmo paquete, ou sexa, que non participará na aventura principal, para tranquilidade de moitos seareiros das aventuras do home morcego (que tenden a ser pouco partidarios da figura do neno prodixio adoptado por Bruce Wayne).
Robin aparecerá en Batman: Arkham City como personaxe descargable
Compartir Este Artigo

