Un grupo de quince docentes procedentes de distintos países europeos atópanse estes días de visita en Santiago de Compostela, onde van manter unha serie de encontros nos que debater sobre cuestións educativas; máis polo miúdo, sobre cuestións educativas a distancia: e-learning. Trátase dun encontro anual que se celebra na Universidade compostelá ao abeiro do programa Comenius, e que dou comezo este xoves 23, coa recepción dos integrantes da visita por parte da vicerreitora de Persoal Docente e Investigador, Carmen Fernández Morante.
Os 15 participantes son profesores universitarios e de ensino secundario non seus países, e proceden na súa maioría de Irlanda, Inglaterra, Polonia, Eslovaquia, Eslovenia, Turquía, Italia, Austria, Alemaña, Grecia e Lituania.
A iniciativa, financiada con fondos europeos, ten como finalidade xerar novas ideas e proxectos no marco do Lifelong Learning Program (LLP), así como desenvolver escenarios flexibles de aprendizaxe baseados nas TIC.
Asemade, o encontro compostelán ten como obxectivo, segundo informan no xornal dixital da USC, “favorecer o intercambio de experiencias, ao tempo que lle abre as portas ao desenvolvemento de novos proxectos de colaboración”.
Expertos de toda Europa reflexionan en Compostela sobre o e-learning
Compartir Este Artigo

