Os xogadores que no seu tempo gozaran de títulos como Bubble Bobble e Snow Bros, que tanto éxito tiveran nos salóns recreativos, estarán encantados de saber que poderán rememorar a experiencia de xogo no iPhone/iPod Touch ou no iPad grazas a Zombie Meatballs, a última obra da compañía española Unkasoft, que permítenos controlar a un cociñeiro (ou cociñeira) para rematar cos mortos viventes que atopamos en cada fase, converténdoos el albóndegas.
Esta aventura de balde reparte a acción en 30 niveis e conta con máis de 18 inimigos diferentes, obxectos para potenciar ao personaxe, ranking en liña e, coma se fose unha máquina recreativa, a posibilidade de poder continuar a partida en caso de morrer, aínda que en vez de gastar 5 pesos de cada vez, poderemos empregar un obxecto especial (cheatcoin) que pode adquirirse por 0,79 euros, polo que estariamos ante un modelo de negocio Freemium, aínda que os xogadores máis experimentados non verán a necesidade de gastar os cartos para pasar un par de horas de diversión saltando plataformas, evitando zombis e superando os distintos niveis deste xogo que ten como principal diferenza con respecto dos xogos nos que se inspira que os seus gráficos están moito máis coidados grazas ás resolucións de pantalla dos dispositivos modernos.
Trailer do xogo de Unkasoft

