Nos últimos días incorporouse a WiiWare o xogo ANIMA Ark of Sinners, aventura de plataformas e acción que pode adquirirse por 1.000 Wii Points e desenvólvese en Arca, un mundo con máis de 21 seccións interconectadas que ofrecen máis de 8 horas de xogo nas que superar a 12 tipos de inimigos e a 4 xogos finais diferentes con infinidade de técnicas de combate (múltiples combos e ataques especiais). A historia de Arca pode coñecerse a través dos relatos e escenas debuxadas polo artista Wen Yu Li.
Pero o máis sorprendente deste xogo descargable para Wii é que é obra de Anima Game Studio, un equipo de desenvolvemento sito en Valencia e que conseguiu a autorización de Nintendo, Microsoft e Sony para realizar videoxogos para os seus sistemas, o que é un sinal do seu bo facer.
ANIMA Ark of Sinners desenvólvese dentro do mundo da saga de xogos de rol Anima: Beyond Fantasy (o que contribúe a un deseño artístico excelente) e cunha mecánica de xogo propia dos xogos 2D dos anos 90 (bebendo de títulos como Castlevania e Super Metroid). A protagonista deste xogo é a atractiva Celia, que parece ser un dos detalles máis traballados deste título que xa lidera as vendas de WiiWare en España.
Trailer do xogo
Un novo xogo español descargable trunfa na Wii
Compartir Este Artigo

