FX Interactive trae a España o xogo El Primer Templario, un proxecto dos estudos Haemomont Games (responsables de Tzar, Imperivm e Tropico 3) que mestura acción, aventura e rol no papel dun cabaleiro templario que deberá enfrontarse a múltiples inimigos a través de 20 escenarios históricos fielmente recreados (como a illa de Chipre, a fortaleza de Acre, ou o templo de La Rochelle) descubrindo tesouros ocultos, permitindo evolucionar ao personaxe protagonista e mesmo facilitando a incorporación de amigos a unha partida tirando proveito de Facebook, para así emprender a busca do Santo Grial nunha campaña cooperativa.
Como vén sendo marca da casa, o xogo entrégase completamente traducido ao español, con manual a cor, acceso a trucos para conseguir a vitoria e atención ao cliente incluíndo pistas por teléfono por só 19,95 euros. Amais tamén contará cun contido descargable de balde chamado La Arena que engade unha nova misión que consiste en sobrevivir ao cativerio nos alxubes de El Bizantino, onde se organizan loitas de gladiadores e de onde hai que procurar fuxir.
O xogo funciona en ordenadores con Windows XP/Vista/7 cun mínimo dun procesador de dobre núcleo a 2 GHz, 2 Gb de RAM, 4,52 Gb de disco duro libre e unha gráfica con 256 Mbytes de memoria.
Trailer do novo xogo de FX Interactive
FX Interactive pon á venda El Primer Templario
Compartir Este Artigo

