A industria discográfica non está a pasar por un bo momento, e os grupos musicais teñen que esforzarse para conseguir a atención do público, o que moitos fan tirando proveito das redes sociais e da Internet (en contraste coa oposición á Rede que amosan motos artistas, o que están a facer con bastante éxito dende o grupo Incubus, que está a promocionar de xeito exemplar o seu disco If Not Now, When? (xa á venda en disco de vinilo e descarga dixital), destacando a publicación dun xogo de balde na web chamado Incubattle: Stop The Album Leak.
Incubattle é un beat’em up no que podemos seleccionar a un dos integrantes da banda para enfrontalo a multitude de piratas a través de distintos escenarios, destacando o feito de que os xefes finais con copias malas dos membros de Incubus, polo que estariamos ante un xogo que combina diversión e mensaxe.
A estética de Incubattle lembra ao videoxogo de Scott Pilgrim, que tiña unha aparencia retro que valeulle unha boa acollida do público, fórmula que souberon replicar os de Incubus, e que agradecerán tanto os seareiros da formación como os amantes deste tipo de xogos de loita.
Incubus enfróntase aos piratas nun videoxogo de balde
Compartir Este Artigo

