
O VirtualTEC é unha ferramenta desenvolvida por Jonathan Juncal, enxeñeiro técnico en Telecomunicación na especialidade de Son e Imaxe, para o seu proxecto Fin de Carreira, que contou coa axuda do profesor da Universidade de Vigo, Enrique Costa (como titor do proxecto) e coa directora do Centro de Educación Especial Manuel López Navalón de Santiago de Compostela, coas súas orientacións sobre discapacidade motriz.

Segundo lemos no xornal dixital da Universidade de Vigo (DUVI) a ferramenta permite acceder a letras (para construír palabras e frases), a números, a símbolos ou mesmo a smileys, “de maneira que o usuario pode expresar de xeito rápido e sintético as súas emocións”.

Outra das vantaxes do teclado, que por certo está dispoñible en galego, castelán e inglés, é que se pode instalar en calquera tablet sen características especiais, e ofrece un sintetizador de voz que transforma en son o texto escrito polo usuario.
Vistos os bos resultados acadados inicialmente con esta alumna, os seus creadores subiron a aplicación a Android Market, onde está dispoñible de balde para que calquera persoa con necesidades similares o poida usar no seu trebello móbil. Neste sitio, asemade, os investigadores deixaron o seu contacto para que calquera usuario lles poida suxerir melloras ou solicitar adaptacións, de maneira que se poida seguir avanzando nun campo tan agradecido como é o da pedagoxía.
Tecnoloxía galega en axuda das persoas con discapacidade motriz
Compartir Este Artigo

