
Con só 5 minutos para vender as súas ideas, os alumnos tiveron que rachar cos nervios e facer unha presentación de empresa, intentando captar a atención dos empresarios e capitalistas alí presentes e convencéndoos da rendabilidade e da viabilidade dos seus proxectos.
Findeat, Sincita.es, Smartn@ture e Nestaste foron as catro ideas de negocio presentadas na xornada, todas elas baseadas en software e novas tecnoloxías, que acadaron a atención e recoñecemento das empresas e organismos convidados, entre as que se atopaban o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE); o Centro de Iniciativas Empresariais de Ourense; a Confederación Empresarial de Ourense; Bic Galicia; Openhost; Dosmasdos; Redegal; IdeIT; Quobis; a Asociación Galega de Empresas TIC (AGESTIC); a Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL); Iniciador Galicia; o Círculo de Xóvenes Empresarios de Ourense; a Federación Galega de Xóvenes Empresarios e SOGARPO.

A outra idea gastronómica presentada na xornada, a do proxecto Nextaste, veu da man de Juan Montes, en representación do grupo de creadores, e consiste nunha serie de ferramentas coas que calquera persoa que dispoña de acceso a Internet poida buscar suxestións e ideas á hora de preparar a comida. As persoas rexistradas poderán consultar receitas, comentalas, engadir outras receitas ou mesmo puntuar as de outros usuarios a fin de dar coas mellores combinacións e crear un grupo social en torno a usuarios de gustos semellantes.
Manuel Portela foi o encargado de presentar o proxecto Smartn@ture.comEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver , unha plataforma de optimización de explotacións primarias que permite monitorizar as cordas das bateas onde os mariñeiros depositan os cultivos, para poder realizar un seguimento de maneira eficiente e cómoda dende un ordenador. A ferramenta tamén permite controlar o estado da auga en canto a temperatura e outros aspectos.
O cuarto e último proxecto da xornada foi o Sincita.es, presentado por Pablo Gómez, un portal de xestión de citas e reservas no que, mediante unha sinxela parametrización, permite que calquera tipo de negocio poderá teña o seu propio sistema de reservas na Rede.
Ideas tecnolóxicas á procura de apoio económico
Compartir Este Artigo

