O xogo ofrecerá gore en primeira persoaAínda que nun primeiro momento o accesorio Kinect para a Xbox 360 viñese acompañado por xogos infantís e familiares, seguindo os pasos doutros plataformas con control de movemento como a Wii, o feito de que a consola de Microsoft teña unha base de xogadores adultos moi importante levou a SEGA a preparar Rise of Nightmares, un título de terror no que non falta o gore,a acción brutal e continuos chorros de sangue, con certo toque de humor como acontece con este xénero cando o vemos no cine. Ao utilizar o noso xogo como mando, Rise of Nightmares poderá somerxernos mellor nesta aventura terrorífica que chegará ás tendas o mes que vén, e que vén de estrear trailer para ir abrindo boca: