Este mércores, a tenda de descargas de SingStar incorporará novas cancións, aínda que non é a única novidade do xogo, pois na súa última actualización incorporouse a posibilidade de compartir con todo o mundo a través de Facebook as fotografías que o usuario faga no xogo, ver as cancións da SingStore o día da súa publicación e incluso empregar novas opcións de filtro para o círculo de selección de cancións.
Entre os temas que se incorporan esta semana á SingStore están o Perfect de P!nk, o Rosanna de Toto, Shine de Take That e Livin’ La Vida Loca de Ricky Martin, estando este último tema tamén dispoñible para SingStar Dance, como a canción Shut Up de The Black Eyed Peas.

Para SingStar Dance: – The Black Eyed Peas – Shut Up [ORIG] – Ricky Martin – Livin’ La Vida Loca
SingStar vive La Vida Loca
Compartir Este Artigo

