O xogo Batman: Arkham City está a dar moitas alegrías aos seareiros do home morcego, pois a pouco máis de 2 meses para o lanzamento confírmanse interesantes detalles sobre o mesmo, como unha nova edición especial que pode verse nalgunhas tendas en liña europeas, e que incluiría o xogo de Rocksteady Studios nunha caixa metálica con Batman e Dúas Caras en cada súa cuberta e un contido descargable (a pel co deseño que lucía Batman nos anos 70). A principal vantaxe desta edición especial fronte doutras para coleccionistas é que só incrementa o seu prezo lixeiramente (2-3 libras esterlinas no caso das tendas británicas, estando aínda sen conformar a súa dispoñibilidade en tendas españolas).
No tocante á versión de PC do xogo tamén hai grandes novas difundidas a través da revista PC GAMER, que no seu número de outubro publica que Batman: Arkham City será superior en ordenadores a en consolas, pois soportará as bibliotecas gráficas DirectX 11 e a tecnoloxía nVIDIA 3D Vision, á vez que fará uso do motor PhysX, polo que os que teñan un ordenador potente poderán gozar cunha espectacularidade gráfica de luxo.
Para completar as novas sobre o xogo, confírmase un novo inimigo de Batman que estará presente, Mr. Freeze, quen fai acto de presenza a través dun vídeo promocional moi cinematográfico:
Novos detalles de Batman: Arkham City
Compartir Este Artigo

