
En Jillian Michaels Fitness Adventure teremos que viaxar a unha xungla na que realizar distintas actividades que buscan servir de adestramento persoal. O xogo conta con con varios modos de exercicio: – Fitness Adventure: o xogador deberá correr, saltar e escalar nun circuíto na xungla – Adestramento en Circuíto: con 10 exercicios seleccionados con 3 niveis de dificultade – Adestramento de Fitness: que permite adaptarse ao ritmo do usuario na realización dos seus exercicios.
O programa tamén é compatible con distinto material de fitness cos que xa contan habitualmente os seguidores desta práctica deportiva (que serven para reforzar algúns exercicios), permite compartir os resultados acadados cos amigos a través de clasificacións en liña, e tamén conta con estatísticas para que os usuarios poidan coñecer os seus progresos.
Jillian Michaels terá un xogo de fitness para Kinect
Compartir Este Artigo

