
Grazas á tecnoloxía Thunderbolt o UltraStudio 3D pode transmitir datos 20 veces máis rápido que o USB 2.0, de xeito que ten un ancho de banda suficiente como para capturar e reproducir vídeo RGB en resolución 2K (2.048 x 1.556 píxeles), así como fluxos de vídeo estereoscópico, integrando portos HDMI 1.4a e conexións dual HD-SDI. Tamén é compatible coas principais aplicacións de edición non lineal (Final Cut Pro, Premiere Pro, After Effects…) con soporte de efectos en tempo real, incluíndo aplicacións como Blackmagic Media Express (que permite a captura e reprodución de vídeo baixo Mac OS X) ou Alpha Keying with LiveKey (que converte o UltraStudio 3D nun sistema de inserción de gráficos en tempo real a través de SDI).
UltraStudio 3D permite traballar con vídeo profesional en equipos con tecnoloxía Thunderbolt
Compartir Este Artigo

