Falta exactamente un mes para que poidamos ver nas tendas españolas o xogo Batman: Arkham City nas súas versión de Xbox 360 e PlayStation 3, pero os usuarios de PC van ter que ser máis pacientes, pois Warner Bros Interactive anunciou que o xogo desenvolvido por Rocksteady Studios vai demorarse ata o mes de novembro na súa versión de ordenador (sen chegar a concretar a data final do seu lanzamento).
A este anuncio acompáñano unha serie de novas imaxes do xogo que dan a entender que estamos ante un título espectacular e o anuncio de que a súa precuela, Batman: Arkham Asylum, vai estrear versión para Mac o 13 de outubro, o que dá a entender que Arkham City tamén podería chegar aos equipos de Apple dentro duns meses.
Batman: Arkham City non chegará a PC ata novembro
Compartir Este Artigo

