
Space Channel 5 Part 2 é unha xogo de baile futurista e moi divertido, no que a estrambótica presentadora de informativos Ulala deberá derrotar a numerosos inimigos cos seus movementos de baile. A revisión para PlayStation 3 do xogo destaca por ser compatible con PlayStation Move.
Pola súa banda, SEGA Bass Fishing é todo un referente, por simular a experiencia da pesca na consola de videoxogos e ser compatible no seu día cun accesorio para Dreamcast con forma de cana de pescar, o que está considerado por moitos como o precursor do mando da Wii (pola súa detección de movementos).
2 clásicos de Dreamcast chegarán como descargas para PS3 e Xbox 360 a primeiros de outubro
Compartir Este Artigo
