HTC presentou un novo terminal Android 2.3.5 que busca ser un dos smartphones máis asumibles do mercado, o HTC Explorer, que cunha pantalla táctil de 3,2 polgadas cunha resolución de 320 x 480 píxeles e cámara de 3 Mpíxeles permite ofrecer as prestacións propias dun teléfono intelixente, sen ter un prezo elevado, á vez que fai moi agradable a experiencia de uso grazas á interface HTC Sense 3.5, que incluso permite situar distinta información importante na súa pantalla de bloqueo (como actualizacións das redes sociais, fotografías, información meteorolóxica…) e mesmo un atallo para acceder á cámara do móbil dun xeito áxil. Tamén conta cun Smart Dialer, un novo marcador telefónica para poder chamar dun xeito doado aos nosos contactos.
O terminal funciona cun procesador a 600 MHz e 512 Mb de memoria interna. O seu lanzamento agárdase para o último trimestre do ano en distintas cores (un par de tons de negro e un ton de azul mariño) e incluso con carcasas traseiras opcionais (en azul, laranxa, branco e púrpura).
O HTC Explorer preséntase como un smartphone económico
Compartir Este Artigo

