Para poder compartir dentro da nosa rede doméstica ou corporativa os datos almacenados nun disco duro ou nunha unidade de memoria USB, LaCie anuncia o LaPlug, que converte a este tipo de unidades en dispositivos de almacenamento en rede, de xeito que facilita o compartir os ficheiros sen fíos, sendo tamén posible aproveitar o trebello para compartir unha impresora en rede. Esta solución resulta tan útil para un acceso distribuído á información como para a centralización de copias de seguridade (é compatible con Time Machine), contando tamén cun servidor uPnP/DLNA, o que facilita a reprodución multimedia remota dende distintos dispositivos (entre os que figura consolas de videoxogos como a PlayStation 3 e a Xbox 360).
O LaCie LaPlug conta con 4 portos USB 2.0, un porto Gigabit Ethernet e conectividade Wi-Fi N, mide 119 x 119 x 37 milímetros, pesa 300 gramos, é compatible con unidades USB formatadas en FAT 32, NTFS, HFS e HFS+ e o seu prezo de venda é de 79,90 euros.
Presentación en vídeo do LaCie LaPlug

