Os seareiros dos vellos videoxogos xaponeses estarán encantados de saber que MonkeyPaw Games pensa neles, e vai incorporar 3 títulos á nova sección de importación da PlayStation Network, de xeito que será posible descargar xogos clásicos da primeira PlayStation que nunca se editaran en España como Arc the Lad, Cho Aniki e Sonic Wings Special.
Arc the Lad é un RPG xaponés que iniciou toda unha saga con outras 3 entregas que tamén estarán dispoñibles na PlayStation Network, aínda que só estará dispoñible en inglés. Nesta aventura o mozo Arc debe salvar o mundo acompañado por unha épica banda sonora e con accións que poderán afectar aos acontecementos de Arc the Lad II.
Os outros xogos en estrear a sección de importación son shooters, como o curioso e extravagante Cho Aniki, ao que segue un shoot’em up máis tradicional como Sonic Wings Special, que inclúe un modo para 2 xogadores simultáneos en pantalla e unha boa selección de cazas para controlar.
![]() |
![]() |
Cho Aniki, pese a ter unha mecánica de xogo de naves de desprazamento horizontal, o seu deseño resulta un tanto diferente ao que estamos afeitos



