A primeira entrega de Crysis era un xogo exclusivo para PC que situaba o listón gráfico dos FPS no seu punto álxido e agora, despois da publicación con grande éxito da súa secuela, Crytek decide tirar do seu novo CryENGINE 3 para remasterizar o seu xogo nas consolas de alta definición, de xeito que agora xa o temos dispoñible como título descargable para Xbox 360 e PlayStation 3 a 19,99 euros.
Esta revisión de Crysis tamén incorpora moitas das novidades de control do Crysis 2, aínda que nesta edición descargable só conta coa campaña para un xogador, ou sexa, que non pode empregarse no seu modo multi-xogador en liña, polo que entendemos que a súa adquisición iría dirixida a completar a historia que rodea ao universo creado para esta franquía que conseguiu revolucionar o seu xénero.
O primeiro Crysis xa está dispoñible como xogo descargable para consolas
Compartir Este Artigo

