O produtor de Mega-Man e deseñador de Dead Rising, Keiji Inafune, está a traballar nun novo xogo para Nintendo 3DS chamado Kaio: King of Pirates, protagonizado por un pingüín pirata, no que promete ser un título orientado aos cativos e que estaría enmarcado no xénero de xogo de rol de acción.
O novo xogo de Inafune, profesional recoñecido polo seu traballo en Capcom e que agora está a explorar outros camiños do lecer electrónico como o xogos sociais, sairá á venda en 2012 a través da editora Marvelous AQL, e busca converterse nunha triloxía.
Trailer do xogo que Inafune prepara para 2012
O produtor de Mega-Man prepara un xogo de rol de acción para Nintendo 3DS
Compartir Este Artigo

