Aínda que hai anos Nintendo e SEGA eran empresas rivais, dende que a segunda deixou de fabricar consolas de videoxogos atopou un bo espazo nas plataformas de Nintendo para as súas creacións, e as iconas de ambas compañías, Mario e Sonic, coincidiron en múltiples xogos, sendo o máis recente Mario & Sonic en los Juegos Olímpicos London 2012, que chegará ao mercado o vindeiro 18 de novembro, e que destacará por poder adquirise tamén nun paquete que inclúe a nova configuración da Wii (sen compatibilidade cos xogos e accesorios de GameCube e pensada para colocarse horizontalmente) de cor azul.
Este interesante paquete chega así a tempo para o Nadal, converténdose nunha boa oportunidade para quen aínda non se fixo coa consola doméstica de Nintendo. O xogo que vén incluído no paquete, moi na liña dos que habitualmente veñen coa Wii, permite participar en distintas disciplinas deportivas, que desta volta son o fútbol, salto a cabalo, piragüismo e os deportes habituais nesta saga (carreiras de 100 metros, deportes acuáticos e tenis de mesa).
Trailer de Mario & Sonic en los Juegos Olímpicos London 2012
Mario e Sonic acompañarán a unha nova Wii de cor azul
Compartir Este Artigo

