Xa está dispoñible nas tendas a PSP-E1000, unha revisión da consola portátil de Sony que reduce as súas prestacións para poder venderse ao atractivo prezo de 99,99 euros, o que permítelle ser competitiva pese a que o ano que vén vaia saír a súa sucesora, a PS Vita (que terá prezos de 249 e 299 euros). A principal carencia da PSP-·1000 é a falta de conectividade Wi-Fi, que non era un elemento moi empregado pola meirande parte dos usuarios da PSP , polo que a consola segue a ser un produto moi atractivo na actualidade, en bos medida porque existe unha completa relación de grandes xogos na gama PSP Essentials que poden adquirirse a un prezo reducido (9,99 euros).
Entre os xogos no catálogo de PSP Essentials están grandes títulos como LittleBigPlanet, MotorStorm Artic Edge, Resistance: Retribution, God of War: God of Sparta, God of War: Chains of Olympus, Tekken Dark Resurrection e Killzone Liberation entre moitos outros.
Pero as portátiles de Sony non son as únicas consolas da compañía nipona en achegar novidades, pois a cadea de tendas GAME confirmou que vai distribuír en exclusiva en España a edición en cor prata da PlayStation 3, con disco duro de 320 Gb e 2 mandos DualShock 3, tendo que agardar ao vindeiro 9 de novembro para poder facerse con esta edición especial da PS3.
Xa está á venda a versión económica da PSP
Compartir Este Artigo

