

A este encontro acudiron o alcalde de Santiago de Compostela, Gerardo Conde Roa; o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez; os reitores da USC e da UDC, Juan Casares e José María Barja; a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira; e mesmo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; deixando constancia a importancia que se lle dá ao traballo que desenvolven os enxeñeiros en informática na sociedade actual.
A Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia incluíu a entrega dos premios anuais do colexio, cos seguintes galardoados:
- Premio Proxecto Fin de Carreira: Daniel Fernández Núñez.
- Premio Comunicación Informática: Código Cero.
- Premio á Facultade de Informática da Coruña polo seu 25 aniversario.
- Premio á Traxectoria Profesional: Juan Pazos Sierra, primeiro doutor en Informática e
catedrático de Enxeñaría do Coñecemento de España. Foi director do primeiro laboratorio de
intelixencia artificial de España.
- Premio Iniciativa Empresarial: saída da consultora tecnolóxica Altia ao Mercado Alternativo
Bursátil (MAB).
- Premio Iniciativa da Administración: proxecto ABALAR, Xunta de Galicia.
- Premio Iniciativa Emprendedora: Iniciador Galicia. Punto de encontro para os emprendedores TIC
galegos que xa conta con más de 25 eventos, máis de 1.200 asistentes, máis de
900 seguidores por streaming, 1.700 followers en twitter e 350 seguidores en LinkedIn.
