O LG CF3DAT é un novo proxector de vídeo 3D que estréase no mercado coreano e que destaca por pode proxectar unha imaxe de ata 200 polgadas, cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles e cun brillo de 1.250 lumens (no modo 3D, o que multiplica por 6 o brillo doutros proxectores semellantes), destacando polo feito de que pertence á gama LG Cinema 3D, ou sexa, que funcionaría con lentes polarizadas 3D (como as que podemos empregar na meirande parte das salas de exhibición cinematográficas), máis lixeiras e económicas que as lentes activas que empregan outros proxectores.
Este proxector tamén incorpora un sistema que converte en tempo real as imaxes 2D en 3D (para suplir a carencia de contidos estereoscópicos) e un sintonizador de televisión, aínda que esta última característica non estará presente no LG CF3DAA, modelo deste proxector que chegará ao mercado internacional na primeira metade de 2012.
LG estrea un proxector de vídeo 3D para lentes pasivas
Compartir Este Artigo

