As tendas de videoxogos españolas reciben hoxe o agardado Mario Kart 7, un dos xogos estrela (xunto con Super Mario 3D Land) que van contribuír a disparar as vendas da Nintendo 3DS durante o Nadal, e que ofrece unha interesante revisión do popular xogo de carreiras que, aparte de contar con gráficos estereoscópicos de grande profundidade, goza de novidades como conducir baixo a auga ou deslizarse polo aire para atopar novos atallos.
Mario Kart 7 permite competir por terra, mar e aire, empregando os personaxes propios das anteriores entregas (Mario, Luigi, a princesa Peach, Donkey Kong, Yoshi, Toad, Donkey Kong, Wario…) aos que se incorporan algúns novos novos como o Mario de Metal (Super Mario 64), Lakitu (Super Mario Galaxy) ou Floruga. As carreiras terán lugar en 16 circuítos coñecidos para os habituais desta saga, aos que se incorporarán 16 novos, como a Cidade Koopa, a Montaña Wuhu ou o Galeón de Wario.

A partir do 16 de decembro tamén será posible adquirir un volante fabricado por Hori para a Nintendo 3DS, que fronte ao que acontecía co volante da Wii, neste caso promete converterse nun dos accesorios máis ridículos para a 3DS (xa que de mover a consola coma se fose un volante perderíase o efecto 3D da súa pantalla).
Xa está á venda Mario Kart 7
Compartir Este Artigo

