FIFA 12 é un dos xogos para iPhone, iPod Touch e iPad que poden adquirirse nestas datas por só 0,79 eurosCoa chegada do Nadal, algunhas compañías de videoxogos deciden ofertar os seus produtos, especialmente en plataformas móbiles, tendencia á que vén de unirse Electronic Arts, que baixou a 0,79 euros o prezo de boa parte dos seus xogos para iOS, incluíndo títulos como FIFA 12 para iPhone/iPod Touch e iPad, Battlefield: Bad Company 2 para iPhone/iPod Touch, Dead Space para iPhone/iPod Touch e iPad e Trenches II para iPad, o que supón unha oportunidade que moitos considerarán irresistible, e que parece buscar o liderado das listaxes de vendas de xogos na App Store por parte de EA, compañía que ten que lidiar con iniciativa semellantes de compañías como Gameloft, que durante estas datas tamén coloca varios dos seus mellores xogos para iPhone e iPad a 0,79 euros, como Silent Ops, BackStab, Fast & Furious 5, Tom Clancy’s Rainbow Six: Shadow Vanguard, N.O.V.A. 2: Near Orbit Vanguard Alliance, Spider-Man: Total Mayhem, Iron Man 2, James Cameron’s Avatar, The Settlers, Assassin’s Creed: Altair’s Chronicles, Gangstar Rio: Ciudad de Santos, 9mm, Rayman 2: The Great Escape, Driver e Warplanes.