FX Interactive sustenta o seu negocio na comercialización de videoxogos de calidade a prezos moi axustados, pero non son alleos ás tendencias do mercado, de aí que decidisen comezar a posicionarse no sector das descargas, comezando así a atender unha demanda por parte dos usuarios (pois moitos dos xogos do seu catálogo xa estaban dispoñibles a través de Steam, pero só nas súas versións en inglés, mentres que FX distribúe títulos totalmente traducidos ao español). Estrean así a FX Classic Store, unha tenda de xogos en formato descargable, con manual tamén en español (en formato PDF) e cun prezo moi competitivo, estreándose cos xogos Runaway e Imperivm por só 2,95 euros e con Patrician III: Imperio de los Mares de balde ata o 10 de xaneiro.

Sobre o xogo de balde, Patrician III, podemos lembrar que pertencen a unha saga de grande sona, que supera o millón de xogadores en todo o mundo, permitindo comerciar con especias, peles, cervexa… construír fábricas, portos e cidades, armar unha poderosa flota e combater en épicas batallas navais para acadar a gloria e a fortuna no Imperios dos Mares, nunha divertida aventura de estratexia comercial, política e militar.
FX Interactive celebra a estrea da súa tenda de descargas cun xogo de balde
Compartir Este Artigo
