LG Electronics vai levar nos vindeiros días ao Consumer Electronics Show (CES) de Las Vegas o televisor de ultra alta definición máis grande do mundo, pois a nova pantalla que combina as tecnoloxías 3D e Smart TV ten o impresionante tamaño de 84 polgadas e unha resolucíón de 3.840 x 2.160 (equivalente a unha fotografía de 8 Mpíxeles).
A pantalla tamén destaca pola súa delgadeza e por contar cun marco moi estreito. Este televisor 3D de ultra alta definición promete achegar a experiencia de visionado 3D máis convincente fóra das salas cinematográficas, contando incluso con controis para personalizar o efecto 3D, o que tamén leva ao ámbito do son.
O televisor 3D funciona con lentes pasivas e ante a carencia de contidos 3D incorpora unha tecnoloxía de conversión de 2D a 3D que permite tirar un maior proveito do mesmo.
LG presenta un televisor 3D Smart TV de 84 polgadas
Compartir Este Artigo

