A través da PlayStation Store xaponesa é posible mercar o xogo Everybody’s Golf por 3.900 iens, podendo tamén desbloquearse o xogo en liña para copias físicas usadas por 900 iensA guerra dos estudos e distribuidoras de videoxogos ao mercado da segunda man vai trasladarse á nova xeración de consolas portátiles, e ao igual que algúns xogos de Xbox 360 e PlayStation 3 tiñan contidos desbloqueables mediante un código dun único uso (de xeito que os usuarios que mercasen o título de segunda man deberían pagar polo devandito código de querer gozar das funcións que activa), esta táctica comeza a estar presente en xogos de PS Vita. Concretamente é o Hot Shots Golf: World Invitation (coñecido aquí como Everybody’s Golf) o que vén coa modo multi-xogador bloqueado, de xeito que quen non mercase o xogo novo deberá pagar 900 iens (8,95 euros) para acceder a este Online Play Ticket que achega o modo multi-xogador. O xogo véndese en tendas co código de desbloqueo para o xogo en liña por 4.980 iens (49,53 euros), aínda que tamén está dispoñible en formato descargable por 3.900 iens (38,79 euros), o que en vista das medidas contra a venda do xogo de segunda man parece o xeito máis natural de adquirilo.