Unha enquisa publicada accidentalmente ínstanos a elixir a portada de Epic Mickey 2Un artigo de StitchKingdom.com, páxina web especializada en novas da Disney, incluíu información sobre Epic Mickey 2, accidente que corrixiuse rapidamente eliminando rastro desta filtración accidental, grazas á que sabemos que no outono de 2012 teremos unha secuela do Epic Mickey, que estará dispoñible para Xbox 360, PlayStation 3 e Wii. O xogo volverá a embarcarnos nunha aventura por un mundo chego de personaxes esquecidos da Disney, que como grande novidade incluirá un modo de xogo para 2 usuarios a pantalla partida, empregando un xogador ao rato Mickey, mentres que o seu acompañante poderá controlar a Oswald, o coello da sorte (primeiro personaxe animado de Walt Disney), que poderá voar coma un helicóptero e utilizar electricidade para loitar. Entre as filtracións sobre o xogo inclúese unha enquisa na que pretenden que os usuarios axuden a elixir a portada que terá o xogo, polo que a información ao respecto, pese a ser aínda un rumor, ten moitas posibilidades de confirmarse nos vindeiros días.