
O BQ Cervantes 2 estará dispoñible a partir do vindeiro venres, e conta cunha pantalla de 6 polgadas de E-Ink Pearl (considerada como a máis branca do mercado, cun alto contraste e 16 niveis de gris), 190 gramos de peso, 2 Gb de memoria interna ampliable mediante tarxetas microSDHC, conexión microUSB, batería de 1.000 mAh, soporte de varias linguas (entre as que están tanto o español coma o galego) e capaz de ler documentos en múltiples formatos (PDF, EPUB, TXT, HTML, RTF e FB2).
Teríamos así que aínda que non conte con Wi-Fi coma o Kindle, o feito de contar con soporte de documentos EPUB, poder mercarse en tendas físicas e de ter unha interface de usuario configurable en galego poderían xogar no favor deste dispositivo.
O BQ Cervantes 2 compite co Kindle igualando o seu prezo
Compartir Este Artigo

