Nas últimas horas chegou á App Store un divertido xogo inspirado no coñecido Fruit Ninja, que pode descargarse de balde e que colle a figura do presidente do Goberno como protagonista de Mariano Ninja!, encargándose de facer recortes tocando na pantalla a figuras que representan á Educación, os Servizos Sociais e a Sanidade, para evitar que suba a prima de risco. No xogo tamén haberá que evitar danar á Monarquía e á Banca.
Estamos ante unha parodia na que non só aparece Mariano Rajoy, senón que tamén fan acto de presenza José María Aznar, José Luis Rodríguez Zapatero, Nicolás Sarkozy e Angela Merkel neste simpático xogo de JanduSoft que está adaptado tanto para iPhone/iPod Touch como para iPad.
Así é o xogo Mariano Ninja! en acción
Parodian os recortes do Goberno nun xogo para iOS
Compartir Este Artigo
