Nun momento no que o formato de evento que supoñen as feiras, baseadas na presenza física nun recinto no que amosar novidades, parece estar en pleno declive, pode sorprender que a 10ª edición do Taipei Game Show superase os 300.000 visitantes e conseguise atraer a compañías de fóra de Taiwan, o que reflectiría que aínda hai espazo para máis de 3 grandes feiras internacionais e a boa saúde do sector do lecer electrónico.
Entre as novidades que puideron verse no centro feiral Nangang destacaba a nova consola portátil PS Vita, que chegará ás tendas europeas o vindeiro día 22, e xogos como Street Fighter x Tekken; aínda que tamén foi especialmente rechamante que Microsoft acudise ao encontro para amosar os seus xogos de Kinect (como Kinect Sports: Season 2 e Just Dance 3) ou prometedoras novidades para os vindeiros meses como Dragon’s Dogma.
A feira que rematou nas últimas horas, e posiblemente deba parte do seu éxito á súa posición no calendario (o resto de feiras sitúanse ao redor do verán) e na forza que están a tomar os videoxogos en China (especialmente os xogos en liña), país cada día máis relevante no sector tecnolóxico.
Taipei conseguiu dar carácter internacional á súa feira de videoxogos
Compartir Este Artigo
