Satoru Iwata anunciou boa parte dos lanzamentos da súa compañía en Europa nos vindeiros meses a través dunha nova edición de Nintendo DirectO presidente de Nintendo, Satoru Iwata, protagonizou unha nova entrega de Nintendo Direct, un boletín en vídeo que puido seguirse mediante streaming a través da Internet na que presentou as novas máis relevantes da súa compañía para Europa nos vindeiros meses. O vídeo contou coa participación estelar de Masashiro Sakurai, creativo das series de Kirby e Super Smash Bros que falou do seu último xogo, Kid Icarus: Uprisng, que chegará ás tendas o 23 de marzo, e do que destacou as súas batallas multixogador de 3 contra 3. Tamén adiantou que o xogo incluirá 6 tarxetas de realidade aumentada, aínda que existirán moitas máis (que poderán conseguirse a través do Club Nintendo ou, por exemplo, reservando o xogo antes do seu lanzamento). Mario Tennis Open chegará á Nintendo 3DS o 25 de maioNeste último Nintendo Direct tamén lembrouse que o 8 de marzo chegará o xogo Metal Gear Solid: Snake Eater 3D para Nintendo 3DS. Outros anuncios foron o lanzamento de Mario Tennis Open para 3DS o 25 de maio, Rhythm Thief y el Misterio del Emperador para Nintendo 3DS chegará o 4 de abril; no segundo trimestre do ano teremos Spirit Camera: The Cursed Memoir para 3DS; confirman que Project Zero 2: Wii Edition tamén chegará a Europa; lembran que Tekken 3D Prime Edition xa está á venda; informan de que o 13 de abril porase á venda a edición limitada de Pandora’s Tower para Wii (que incluirá unha caixa metálica e un libro de ilustracións); o vindeiro venres termos tamén nas tendas o xogo de Wii The Last Story; a Wii tamén contará este ano co xogo Beat the Beat: Rhythm Paradise; e para rematar adianta que a Nintendo DS e a 3DS recibirán o 16 de marzo 2 versión da franquía Inazuma Eleven: Inazuma Eleven 2 Tormenta de Fuego e Inazuma Eleven 2 Ventisca Eterna.