Para os usuarios que queiran gozar de xogos en 3D no seu ordenador portátil chega un novo ordenador de Origin PC, o EON17-X, que busca servir de substituto dun ordenador de sobremesa coas súas elevadas prestacións que o fan axeitado para artistas, profesionais e e xogadores esixentes. Este equipo ten como opción a posibilidade de contar cunha tarxeta gráfica dobre para que a súa pantalla 3D poida aproveitarse ao máximo. O equipo tamén conta cun teclado retroiluminado personalizable con 3 zonas de iluminación e 7 opcións de cor.
Concretand a súa configuración máxima teríamos que o EON17-X3D conta cunha pantalla de 17,3 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080, emisor 3D integrado, un par de lentes nVIDIA 3D Vision 2, procesador Intel Core i7, ata 32 Gb de memoria de catro canles a 1.333 MHZ, ata 16 Gb de memoria de catro canles a 1.866 MHz, gráfica dual nVIDIA GeForce GTX 580M, ata 3 discos duros (o que permitiría chegar aos 3 Tb de capacidade), Wi-Fi N, Bluetooth 2.1, lector de tarxetas de memoria 9-en-1, 1 porto eSATA, 3 portos USB 3.0, 2 portos USB 2.0, 1 porto Firewire, 1 porto Gigabit Ethernet, 1 fenda ExpressCard e saídas Display Port, DVI-I e HDMI 1.4a. O seu prezo con pantalla 3D partiría dos 3.056 dólares podendo superar tranquilamente os 6.000 dólares nas súas configuracións máis completas. A súa chegada ao mercado agárdase para o 30 de marzo.
Origin PC anuncia un portátil con pantalla 3D e gráfica dual
Compartir Este Artigo

