A cadea de tendas de videoxogos líder en España pasa apuros no Reino UnidoOs apuros económicos da cadea de videoxogos GAME son cada vez máis visibles incluso para un simple cliente, o que no Reino Unido pode comprobarse simplemente botando unha ollada ao andeis dos establecementos, nos que é imposible atopar varios dos xogos de lanzamento da nova consola PS Vita como Lumines Electronic Symphony ou Rayman Origins (curiosamente considerados como 2 dos mellores xogos da nova portátil) como xa pasou durante varios días co Tekken para Nintendo 3DS; pero a situación parece ir máis aló de problemas de aprovisionamento de novidades das que é difícil prever a súa resposta comercial, sen´no que usuarios que reservaron a edición especial do xogo para Wii The Last Story están a ver como cancelan os seus pedidos e ofrécenlles a devolución dos cartos, dando a entender que GAME carece da liquidez suficiente para facerse con copias das que practicamente tiña asegurada a súa venda. Finalmente parece que estabamos ante heraldos dunha hecatombe, que o vindeiro 1 de marzo vai concretarse co cese de actividade da tenda en liña Gameplay.co.uk (adquirida en 2004 por GAME) e o peche de 35 tendas de GAME no Reino Unido. Se sumamos o número de tendas de GAME e GameStation na actualidade teriamos un total de 610, que segundo os plans da compañía reduciranse ata 550 no que resta de ano. Falamos duns recortes drásticos para unha industria que parecía invulnerable á crise e, pese a continuar a ter un volume de negocio impresionante, padece os mesmos problemas de crédito e liquidez que as empresas tradicionais.