2K Games anunciou que o xogo de Irrational Games BioShock Infinite estará dispoñible para Xbox 360, PlayStation 3 e Windows PC a partir do 19 de outubro, de xeito que moitos serán os que xa van apuntando a data na súa axenda pois estamos ante un dos lanzamentos máis importantes de 2012, dada a calidade propia da franquía de BioShock e a espectacularidade das imaxes amosadas do xogo nos pasados meses.
En BioShock Infinite tomaremos o papel de Booker DeWitt, un ex axente Pinkerton, que estará xunto á revolucionara Elizabeth nunha aventura para fuxir de Columbia, unha cidade flotante ficticia nos EE.UU. de 1912. O xogo manterá a mecánica das anteriores entregas, pero incorporando o combate aéreo de alta velocidade, sen deixar de lado unha historia moi coidada.
BioShock Infinite chegará ás tendas o 19 de outubro
Compartir Este Artigo
