A semana pasada non foron poucas as imaxes e informacións que foron filtrándose sobre o xogo Assassin’s Creed III co gallo das páxinas que ía dedicarlle a revista Game Informer e da portada que a propia Ubisoft publicou en Facebook, deixando claro que este título estaría ambientado na Revolución Estadounidense, e adiantando algunhas situacións nas que podemos ver ao protagonista tendendo unha emboscada a un grupo de soldados británicos. Finalmente a cousa vai máis aló de imaxes de arte conceptual e Assassin’s Creed III estrea trailer, cumprindo con creces coas expectativas creadas.
O xogo confírmase que chegará a PC, PlayStation 3 e Xbox 360 o 31 de outubro, estando tamén en preparación unha versión para a futura Wii U. Tamén achéganse detalles como que o protagonista chámase Ratohnhaké:ton, aínda que tamén responde ao nome de Connor; que participarán na historia personaxes históricos como George Washington; e que para avanzar graficamente vai contar cun novo motor chamado Ubisoft-AnvilNext.
Assassin’s Creed III sairá o 31 de outubro
Compartir Este Artigo
