Os usuarios da PlayStation 3 estarán contentos de saber que o xogo de acción en primeira persoa DUST 514, que funcionará como xogo masivo en liña, vai adoptar a fórmula do free to play, ou sexa, que poderá xogarse de balde, sendo o primeiro título que se estrea deste xeito dentro do seu xénero.
Nos últimos meses non son poucos os xogos que mudan ao modelo free to play, pero que un FPS faga tal dende o seu lanzamento para consolas non ten precedentes. DUST 514 non terá custos ocultos, aínda que si será posible realizar micro transaccións no xogo, sempre baixo o precepto de que non será preciso gastar cartos para gañar no xogo, ou sexa, que os usuarios que máis paguen non terán vantaxes fronte ao resto de xogadores, aínda que teremos que agardar para coñecer máis detalles deste revolucionario xogo que está actualmente en beta pechada e que sairá no verán.
O FPS en liña DUST 514 poderá xogarse de balde en PS3
Compartir Este Artigo
