Nunha entrevista con Digital Trends durante a Game Developers’s Conference de San Francisco o co fundador e director xeral de Telltale Games, Dan Connors, desvelou que o xogo baseado en The Walking Dead vai remitirse para a súa aprobación para as plataformas de descargas Xbox LIVE Arcade e PlayStation Network esta mesma semana, polo que en pouco máis dun mes poderiamos ter este xogo no mercado, a tempo para aproveitar a popularidade da serie televisiva que rematará a súa segunda tempada a semana que vén (aínda que cómpre destacar que o mundo no que terá lugar o xogo será o do cómic orixinal de Robert Kirkman, e non o da serie de televisión derivada).
Connor tamén adiantou que a súa compañía está a traballar na adaptación da serie de comics Fábulas de Bill Willingham, que ten previsto o seu lanzamento no terceiro trimestre do ano, e do que amosarán imaxes na vindeira edición do E3 e durante a San Diego Comic-Con do mes de xullo.
Nas vindeiras semanas The Walking Dead contará cun videoxogo descargable
Compartir Este Artigo

