O reprodutor multimedia portátil venderase en distintas coresO fabricante de reprodutores multimedia portátiles Ematic anunciou o seu reprodutor de MP3 e vídeo portátil eSport Clip, que cunha pantalla de 1,8 polgadas, 4 Gb de almacenamento interno, cámara integrada de 5 Mpíxeles, a posibilidade de gravar tanto voz coma vídeo, conectividade USB 2.0, un formato moi compacto con forma de clip (para poder prendelo na roupa cando, por exemplo, practicamos deporte) e un amplo abano de cores brillantes, que non só sorprende pola súa versatilidade, senón que o seu prezo é igualmente rechamante, por ser de só 22 dólares (uns 16,61 euros), converténdose nun trebello realmente atractivo que polo momento só pode adquirirse nos establecementos de Walmart nos EE.UU.