O divertido xogo de balde Temple Run, que consiste en ser unha especie de Indiana Jones á carreira, mentres se esquivan numerosos obstáculos e trampas a grande velocidade, e superou os 40 millóns de descargas na App Store, chega por fin a dispositivos con Android 2.1 e superior, podéndose así descargar de balde a través de Google Play, contando tamén con contidos de pagamento dentro da aplicación, fórmula que parece estar a funcionar moi ben como modelo de negocio para títulos que acadan un volume de descargas importante (como é o caso).
Temple Run é un xogo relativamente sinxelo, no que mediante xestos táctiles podemos facer que o protagonista xire aos lados, salte, agache… evitando os atrancos que xorden na súa fuxida de malvados monos demoníacos que o perseguen por roubar un ídolo maldito. Curiosamente esta mecánica repetitiva está ben resolta, converténdose nun xogo moi aditivo, que pode agora xogarse en móbiles con Android.
O xogo Temple Run chega a Android
Compartir Este Artigo

