Toshiba estreou unha nova familia de tablets chamada Excite, que funcionan con Android 4.0, teñen procesadores nVIDIA Tegra 3 a 1,3 GHz e 1 Gb de RAM, contan con cámaras de 5 e 2 Mpíxeles, Wi-Fi, Bluetooth, altofalantes estéreo e 3 tamaños de pantalla Gorilla Glass: 7,7, 10,1 e 13,3 polgadas. O máis cativo contará terá unha autonomía de ata 10 horas, mentres que os seus irmáns maiores chegarán ás 13 horas de uso.
O Toshiba Excite 7.7 contará cunha pantalla AMOLED de 1.280 x 800 píxeles e sairá á venda o 10 de xuño en capacidades de 16 e 32 Gb a 499,99 e 579,99 dólares respectivamente; o Excite 10 chegará o 6 de maio cunha pantalla LED de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles en capacidades de 16, 32 e 64 Gb a 449,99, 529,99 e 649,99 dólares respectivamente; e o enorme Excite 13 estará dispoñible a partir do 10 de xuño en capacidades de 32 e 64 Gb a prezos de 649,99 e 749,99 dólares respectivamente cunha impresionante pantalla LED de 13,3 polgadas cunha resolución de 1.600 x 900 píxeles.
Estes dispositivos incluirán o paquete de aplicacións habitual de Google (Google Play, YouTube, Gmail e Google Maps) xunto cunha serie de aplicacións precargadas por Toshiba: TOSHIBA Book Play, que abre acceso a máis de 3 millóns de e-books; TOSHIBA Media Player, que permite compartir contido; TOSHIBA File Manager; e outras.
Toshiba presenta novos tablets con pantallas de ata 13,3 polgadas
Compartir Este Artigo

