Elecom está a vender no Xapón un curioso mini-teclado Bluetooth 2.1 pensado para a introdución de texto de xeito áxil en dispositivos con Android ou iOS, que mide 141 x 53 x 13 milímetros e pesa 66 gramos que sorprende por permitir o seu uso como micrófono e auricular durante a realización de chamadas de voz co noso smartphone ou tablet.
Este teclado compacto está deseñado para empregarse cos polgares, integra unha pantalla OLED na que presenta identificación de chamadas, alertas, conta cunha batería de 600 mAh (que pode cargarse mediante USB) e outras informacións e está á venda por 18.690 iens (175,69 euros).
O seu fabricante recomenda a súa utilización con teléfonos con Android, móbiles iPhone e mesmo tablets como o Samsung GALAXY Tab ou o iPad.
Un mini-teclado Bluetooth permite o seu uso como auricular telefónico
Compartir Este Artigo

