Gameloft estrea hoxe na App Store unha nova entrega da saga Near Orbit Vanguard Alliance, N.O.V.A. 3, que por 5,49 euros chega como aplicación universal para iPhone e iPad, e que destaca polos seus excelentes gráficos (grazas ao uso do Unreal Engine) e un frenético modo multi xogador. Tamén supón un importante cambio de orientación desta franquía, de xeito que aínda que resultaba evidente a inspiración das súas dúas primeiras entregas estaba na saga Halo, esta nova parece beber de Crysis 2, o que agradecerá que desexe gozar dun xogo de tal corte nun dispositivo móbil.
O xogo conta cunha trama épica repartida en 10 niveis de grande realismo, numerosos poderes e armas, batallas de 12 xogadores en 6 modos de xogo (capturar a zona, todos contra todos, capturar a bandeira…) en 6 mapas diferentes, os aliados poderán compartir vehículo e os elementos do campo de batalla poderán destruírse.
Un excelente título para os usuarios que queiran gozar dun FPS no seu dispositivo móbil, e que destaca especialmente no iPad, onde o seu nivel gráfico afástase bastante ao que estamos afeitos nun tablet.
Trailer do xogo
N.O.V.A. 3 estréase como o shooter de referencia para iOS
Compartir Este Artigo
